Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Paseo da Alameda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Templete realizado entre 1896 e 1897 polo contratista Ramón Vieites Castromán e pola casa de fundición Acobril, seguindo o proxecto do arquiteto municipal García Vaamonde.

Presenta planta octogonal sobre a que se eleva un basamento de sillería en granito. A base é de 3 metros de lado por 1,50 de alto.

En palabras de Pedro Navascués Palacio, o palco compostelán resulta dunha elegancia extrema. E é que coa profusión de motivos ornamentais, entre os que se atopan desde os máis comúns de tipo vexetal, liras ou columnas abalaustradas, tamén aparecen tanto fauna real coma mitolóxica (caso dos dragóns) ou incluso motivos navais; pódese afirmar que é o palco galego que formalmente representa a esencia dos antigos pavillóns chinescos e dos xardíns persas moitas veces retratados pola literatura de viaxes ou fantástica. Pero sen dúbida, o motivo arquitectónico que o fai destacar sobre os demáis palcos galegos é a súa composición serliana coa que o arquiteto dotou a cada unha das frontes.

Conformando parte da súa contorna aparecen tanén unha serie de bancos de pedra con respaldo en ferro que presentan unha profusa decoración con motivos faunísticos, florais e con puttis tocando instrumentos musicais.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

NAVASCUÉS PALACIO, P. “Arquitectura e ingeniería del hierro en España (1814-1936)”. Madrid 2007. (PP 288-291)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.87708802123859
Lonxitude: -8.547915816307068
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84