
Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Cantón de Diomedes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O templete resposta a un modelo moi repetido desta tipoloxía construtiva: planta en forma de polígono octogonal con base de granito con medidas de 2,84 metros de lado por 1,60. Presenta oito elementos sustentantes de 3,50 metros entre a baranda de fundición e sobre os que se sustenta a cuberta.
No tocante aos elementos decorativos, presenta un elevado repertorio ornamental e iconográfico disposto tanto nos elementos sustentantes coma nos sustentados. Deste xeito, na baranda recréanse formas ondulantes, espirais, elementos vexetais e motivos con medias lúas (emblema municipal) e liras aludindo a utilidade da construcción.
As columnas presentan capiteis pseudocorintios e todo o perímetro da cornixa aparece decorado a través de antefixas en palmeta. Por último, o cumio da cuberta remátase cun chapitel que lle confire á pequena construción un sentido de ascensionalidade.
Todo este repertorio decorativo a base de elementos clásicos, vexetais e incluso goticistas (o chapitel) pon de manifesto o gusto polo ecléctico. Neste senso, non dista moito doutros palcos de música galegos como o do Paseo de Méndez Núñez na Coruña que presenta elementos similares, co de Ferrol ou co xa desaparecido da Alameda de Vigo.
Como elemento ambiental deixa moi claro o seu excepcional valor decorativo e práctico, nun entorno urbano ben conservado no que conviven outras construcións de finais do s. XIX e principios do XX que xeran un ambiente urbano moi de entreséculos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: CT/03-EET/583
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA109.pdf (ficha 583)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.047846231167256Lonxitude: -8.644185662269592
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Dec 17, 2018
Nova do 11 de decmbro de 2018
http://tui.gal/gl/novas/concluiron-obras-de-rehabilitacion-do-palco-da-musica-do-paseo-da-corredoira?fbclid=IwAR2IunH5HAY7_FB1560vXZKITj5epxxGiqHMgZzDZbiXZn06eQ9DaFb8E5A
Oscar Franco says:
Xan 26, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://palcosdamusicagalegos.wordpress.com/2015/07/24/corredeira-de-tui/
e a seguinte referencia bibliográfica:
PEÑA SERNA, José Manuel e FERNÁNDEZ RUÍZ, José Carlos (1985). Palcos da Música. Consellería de Educación e Cultura. Dirección Xeraldo Patrimonio. Servicio de obras e restauracións. Santiago de Compostela.