Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Mondariz-Balneario
Parroquia: Mondariz-Balneario
Lugar: Gran Hotel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Como espazo de ocio e retiro, no balneario de Mondariz non podía faltar entre as súas infraestruturas un templete para albergar a banda de música que amenizase os paseos polo parque do Gran Hotel.
O palco presenta planta poligonal con zócalo de cantería sobre o que se elevan oito columnas de ferro con capiteis pseudocorintios que sustentan a cuberta. Unha baranda lisa sen máis ornato que o anagrama do balneario pecha todas as caras do octógono.
Este é posiblemente un dos palcos máis sinxelos de Galicia en canto a forma e decoración. O ornato redúcese ás ménsulas con decoración floral, os capiteis e as placas de porcelana co emblema do balneario, que xunto co cromatismo branco enfatizan a sinxeleza e o convirten nunha arquitetura “minimalista”. Este aspecto, ao contrario do que podería parecer, convírrteno nun elemento ambiental en total consonancia co seu entorno arquitectónico e paisaxístico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.226670260112485Lonxitude: -8.46621036529541
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Out 25, 2012
Como Información complementaria a ficha do pxom do Concello de Mondariz-Balneario que recolle este Ben:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDARIZBALNEARIO/documents/0832CA004.pdf (pax. 3 de 11)
Tamén a ficha do Gran hotel Gran Hotel:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDARIZBALNEARIO/documents/0832CA003.pdf ( pax. 18 de 21)
Oscar Franco says:
Xan 26, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://palcosdamusicagalegos.wordpress.com/2012/03/02/mondariz-balneario/
e a seguinte referencia bibliográfica:
PEÑA SERNA, José Manuel e FERNÁNDEZ RUÍZ, José Carlos (1985). Palcos da Música. Consellería de Educación e Cultura. Dirección Xeraldo Patrimonio. Servicio de obras e restauracións. Santiago de Compostela.
Oscar Franco says:
Out 18, 2024
A prensa dixital do 15 de setembro de 2024 recolle a nova da rehabilitación deste palco:
https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/09/15/centenario-palco-musical-villa-termal-108148637.html