Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Mondariz-Balneario
Parroquia: Mondariz-Balneario
Lugar: Gran Hotel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Como espazo de ocio e retiro, no balneario de Mondariz non podía faltar entre as súas infraestruturas un templete para albergar a banda de música que amenizase os paseos polo parque do Gran Hotel.

O palco presenta planta poligonal con zócalo de cantería sobre o que se elevan oito columnas de ferro con capiteis pseudocorintios que sustentan a cuberta. Unha baranda lisa sen máis ornato que o anagrama do balneario pecha todas as caras do octógono.

Este é posiblemente un dos palcos máis sinxelos de Galicia en canto a forma e decoración. O ornato redúcese ás ménsulas con decoración floral, os capiteis e as placas de porcelana co emblema do balneario, que xunto co cromatismo branco enfatizan a sinxeleza e o convirten nunha arquitetura “minimalista”. Este aspecto, ao contrario do que podería parecer, convírrteno nun elemento ambiental en total consonancia co seu entorno arquitectónico e paisaxístico.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.226670260112485
Lonxitude: -8.46621036529541
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84