Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Mondariz-Balneario
Parroquia: Mondariz-Balneario
Lugar: Gran Hotel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Invernadoiro de proporcións modestas se o comparamos con outros como o do Pazo de Lourizán en Pontevedra. Neste senso hai que ter en conta que a estufa-invernadoiro de Lourizán tiña unha finalidade recreativa e o de Mondariz-Balneario meramente funcional, para surtir de flores ás instalacións balnearias.

Presenta unha planta rectangular moi alongada. En alzado, mostra un zócalo de cachotería de apenas 1,50 metros sobre o que se dispón unha estrutura metálica que xera un sistema abovedado semellante a un arco conopial dividido na metade por outro pequeno corpo que serve de acceso ao interior. A estrutura metálica suxeitaría a cristaleira que a día de hoxe non se conserva.

É pois unha pequena e sinxela arquitectura auxiliar do complexo do balneario pero que sen embargo resulta curiosa pola súa singularidae, xa que apenas encontramos exemplos da súa categoría e antigüidade en Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2256493687579
Lonxitude: -8.466671705245972
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84