Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Parada de Sil
Parroquia: Barxacova (San Lourenzo)
Lugar: San Lourenzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial de San Lourenzo de Barxacova, do Século XVIII, na que tamén vemos pedras reaproveitadas posiblemente do antigo mosteiro de San Lourenzo, que por aquí estaría.
Atópase entre as casas do pobo, aproveitando o pouco espazo que queda máis ou menos chan, no pequeno curuto onde se atopa o pobo.
Planta rectangular e presbiterio máis elevado que o resto, muros laterais de cachotería.
A fachada frontal de sillería, con porta alintelada, pequeno oco circular, pináculos con bólas nos laterais, espadana de dobre corpo, o primeiro de dous arcos con campás, e o segundo dun só arco.
Pináculos con bólas nos dous corpos e coroada con cruz de pedra.
Na portada de entrada o atrio vemos a fecha 1795.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/OURPA004.pdf (Pax.9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.37786544281694
Lonxitude: -7.504777908325195
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84