Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Tomiño
Parroquia: Piñeiro (S. Salvador)/Taborda (S. Miguel)
Lugar: Aldea, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX, Século XXI,
Descrición:

Escola promovida en 1918 por unha sociedade de emigrantes tomiñeses establecidos en Nova York. A “Unión del Porvenir para Instrucción, Protección y Recreo”, tiña como misión a de promover a formación dos escolares con plantexamentos progresistas e liberais, asimesmo tamén promover actividades lúdicas e recreativas para as familias dos asociados. Como a maioría destas sociedades, o proxecto educativo iniciouse nun local provisional ata a inauguración do edificio en 1933.

Construída ao pé da estrada que une Areas con Hospital, no linde entre Piñeiro e Taborda, o edificio constrúese en granito de boa factura e dun só volume compacto con dous andares. A fachada amosa un paramento almofadado cunha distribución de vans absolutamente simétrica, catro vans con doselete a cada lado do centro marcado pola porta de entrada e a do balcón. Finalmente a fachada se remata cun frontón triangular con reminiscencias art déco e o epígrafe “Unión del Porvenir”. De todos estes componentes resulta unha solución moi racional e elegante.

O edificio quedou abandoado ata a ruína desde os anos 70 do s. XX ata a primeira década do s. XXI no que se comezaron as obras de rehabilitación. Coas mesmas foille engadido un novo corpo cunha linguaxe arquitectónica contemporánea en contraste co vello edificio.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

JORGE PEREIRA, N. “As escolas indiáns en Tomiño”. http://pdf.depontevedra.es/ga/107/zMIzuueJVV.pdf
http://www.concellotomino.com/porvenir.aspx
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.184626254914987.44874.147973798580233


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.01406918164429
Lonxitude: -8.711010217666626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84