Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: A Guarda
Parroquia: A Guarda
Lugar: A Guarda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Entre os anos 1640 e 1668, a guerra de independencia ou de restauración portuguesa contra España propiciou a construción dunha serie de fortificacións defensivas a ambas beiras do río Miño. Deste xeito, o castelo de Santa Cruz levantouse no ano 1663, baixo o reinado de Filipe IV. Pois, tras a toma de Goián polas tropas lusas considerouse que era necesaria a construción dunha fortaleza que defendese a vila da Guarda e que dificultase o paso das tropas inimigas cara Baiona.
No ano 1664 utilizábase xa en misións defensivas, aínda que continuaron as obras ata o 11 de novembro de 1665, momento no que comezaron os ataques portugueses. Estaba baixo o mando de Jorge de Madureira, mestre de campo e gobernador. Foi ocupado o 22 de novembro de 1665 e devolto o 26 de xullo de 1668. Estaba insuficientemente armado, o que non permite o control do Miño, polo que defende, fundamentalmente, o acceso dende o río a Baiona
Construído entre 1663 e 1664 polos enxeñeiros coroneis Carlos e Fernando de Grunembergh, segue o modelo constructivo defensivo da época impulsado polo enxeñeiro militar francés Vauban, o sistema abaluartado. Para a súa construcción, ademáis de aproveitar material da muralla medieval da Guarda empregouse sobretodo cachotería e sillares irregulares. Así pois, presenta forma trapezoidal con catro baluartes disimétricos en cada esquina de diferente tamaño entre si mesmos (Santa Tegra, a Guía, Santa Cruz e San Sebastián) con cadansúa garita, catro medias lúas e o foxo que circunda os lenzos murais. Tamén circunda toda a fortificación un camiño cuberto. O acceso faise por dúas portas: a principal é a Porta da Vila (aberta cara o sur) e a outra é a chamada Porta de Socorro, aberta no lenzo occidental. No seu interior gardaba difentes dependencias: casa do gobernador, cuartel de oficiais, cuartel de infantería, distintos almacéns, polvorín, carnicería ou pozo.
En 1856 foi desamortizado e posto á venda en distintas parcelas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AGUARDA/documents/0799CA006.pdf
https://dl.dropbox.com/u/5011665/FORTRANS/FORTRANS%20XUNTA%20GALICIA.pdf
http://www.farodevigo.es/servicios/lupa/lupa.jsp?pIdFoto=2791589&pRef=2012010600_3_611962__Comarcas-Guarda-inicia-proceso-para-contratar-recuperacion-castillo-Santa-Cruz
http://jornadaspatrimonio.weebly.com/uploads/4/2/3/7/4237090/terminos_arq._abaluartada.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.90446497890914Lonxitude: -8.872897624969482
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 28, 2017
Engado a seguinte referencia bibliografica:
BLANCO-ROTEA, Rebeca. “Arquitectura y paisaje. Aproximaciones desde la arqueología” (En liña: https://www.academia.edu/35273050/Arquitectura_y_paisaje._Aproximaciones_desde_la_arqueolog%C3%ADa)