Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Tomiño
Parroquia: Amorín (San Xoan)
Lugar: Arrotea/O Outeiro
Outra denominación do ben: Forte de Capote Vermello, Castelo dos Mouros.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Constitúe o exemplo máis salientable dentro das categorías de fortes de terra colonizados pola fraga do sistema fronteirizo do Baixo Miño. Non é visible na perspectiva xeral, pero é fácil de intuir cando un penetra na vexetación.

A primeira fase construtiva data de 1657, foi reformado en 1663 e tamén con posterioridade. Emprazado a cinco kilómetros da praza forte de Tui augas abaixo, levántase na beira do Miño. Deste xeito domina o paso coa poboación fronteiriza de São Pedro da Torre, lugar no que o exército galego construíu o forte de São Luis Gonzaga en 1657, establecendo entre os dous unha cabeza de ponte.

Está constituido básicamente por unha obra coroada e un reducto.

A obra coroada está formada por lenzos de muralla que unen dous baluartes e dous medios baluartes. A súa vez, as frontes dos lenzos de muralla entre os baluartes están protexidos por por tres medias lúas. A entrada ao recinto faise desde o norte, no lado oposto ao Miño, por medio dun camiño que atravesa a media lúa e un foxo. Orixinalmente a entrada posuiría unha ponte levadiza que salvase o foxo. Dentro da coroa estarían situadas as dependencias necesarias tales como: cuartel, casa do gobernador, almacén, cortes e o pozo do que se conserva a súa boca. No lado do río aparece unha plataforma que domina unha ampla panorámica, esta estaba destinada a batería de artillería.

O reducto é unha pequena fortificación no interior da coroa, de planta cadrada duns 25 metros de lado con catro pequenos baluartes nas esquinas, todo el rodeado por un profundo foxo e ao que se accedería mediante ponte levadiza.

Todo o conxunto fortificado está protexido tamén por profundos foxos e camiño cuberto por todo o perímetro, e no seu tempo, os panos de muralla e baluartes tamén estarían reforzados con empalizadas. A pesares de que a fortificación está cuberta de vexetación e arboreda, todos os elementos están perfectamente definidos e pódense identificar con facilidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GARRIDO RODRÍGUEZ, J. “Fortalezas de la antigua provincia de Tuy”. Vigo, 2001. (pp.227-229)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/0972CA001.pdf (p.64) https://dl.dropbox.com/u/5011665/FORTRANS/FORTRANS%20XUNTA%20GALICIA.pdf
http://www.cieform.org/detalle.cis?id=12


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.99868268123765
Lonxitude: -8.678920269012451
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84