Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vimianzo
Parroquia: Treos
Lugar: Treos
Outra denominación do ben: Dolmen de Pedra Cuberta
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Dolmen de corredor con cámara octogonal. Presenta restos pictóricos. Falta a lousa de cobertura da cámara principal pero conserva a do corredor.
É de grandes proporcións cun corredor de entrada de máis de seis metros (6,6 m) de longo e cunha altura de case dous metros (1,80 m). Fáltalle a lousa de cobertura da cámara principal.

En 1934 os arqueólogos alemáns Georg e Vera Leisner deron a coñecer internacionalmente a decoración pictórica existente na parte interna dos ortóstatos da cámara e o corredor. Os debuxos do dolmen, en branco e negro, amosan formas complexas, con liñas en zigzag, triangulares, verticais e con motivos ondulados, aínda que no III Coloquio Internacional sobre Arte Megalítica (A Coruña 1997) denunciouse a perda das imaxes por desinterese das administracións públicas.
As pinturas realizáronse sobre unha capa de cor branco, probabelmente caolín, utilizando o negro e o vermello. O vermello preparouse con óxidos de ferro e o negro con carbón vexetal aglutinados con albúmina de ovo. Son formas xeométricas e liñas onduladas en vertical e horizontal, círculos concéntricos e triángulos.

Están dispostas en tres faixas horizontais, igual que no dolmen de Dombate. Na inferior vense dúas faixas paralelas longas de cor vermella con forma de ondas de perfís rectos que parecen zigzags nuns lados e arcos superpostos noutros. Sepárase da media por dúas faixas, unha negra e outra vermella e con liñas onduladas negras por debaixo. Conta con liñas verticais grosas. A faixa superior sepárase cunha liña negra en zigzag e triángulos e nela vense liñas onduladas, zigzags, orlas de cor vermella, círculos concéntricos e trapecios. Estas decoracións son continuas e abarcan a totalidade do monumento, corredor e cámara.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xosé Mª. “Arquitectura megalítica na Costa da Morte [Antas e Mámoas]”. Santiago de Compostela: Asociación Neria, 1999. 94 p.
BOGA MOSCOSO, Ramón. “Dólmenes de Galicia: Arquitectura das grandes pedras”. A Coruña: Bahia Edicións, 1997. 171 p. ISBN 8489809137


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Abandonado a súa sorte.


Onde está localizado

Latitude: 43.08941929396891
Lonxitude: -8.984498977661133
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84