Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ames
Parroquia: Bugallido (San Pedro)
Lugar: Guimaráns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A primeira igrexa levantouse en tempos medievais e a partir de 1713, segundo a información do concello, comezou a sufrir continuos arranxos. No 1736 a igrexa derrubouse e acometeuse a reforma integral. O cabido de Santiago encargou ao seu mestre de obras, Fernando de Casas, a inspección e a proposta do traballo. As obras remataron en 1740 e supuxeron a renovación total da nave. No 1743 encargouse un novo retablo de estilo barroco, que preside a capela maior, a Francisco de Casas.
A igrexa é de planta de cruz latina e sancristía na cabeceira. Feita con sillería de granito e rematada con tellado a dúas augas na nave principal e a tres nas naves laterais e catro na cabeceira. Está cuberta con tella do país. Torre acaroada a fachada principal onde se distinguen catro corpos. Comezada a facer no ano 1765, no que tamén se iniciou a expansión das naves. Comeza cun corpo que fai de base cadrada ao campanario, adiantado á fachada e con tres arcos de medio punto . No segundo corpo unha fornela co patrón da parroquia e unha ventá cadrada que agora acolle un reloxo. O terceiro, onde van as campás, con ventás de arco de medio punto en cada cara e pequenas balconadas na parte inferior, con adorno de placas nas pilastras e cornixa voada, remate de pináculos nos catro lados. Este da paso ao outro corpo de base octogonal con vans que rematan en arcos e que sosteñen unha cúpula rematada en pináculo que culmina cunha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMES/documents/0023CA008.pdf
(pax. 2 de 8 )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.84290095115462
Lonxitude: -8.623473644256592
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84