Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Coucieiro (San Vicente)
Lugar: San Vicente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Xacemento castrexo emprazado a media ladeira de monte, no límite entre este e o val.
O contorno utilízase para cultivos e monte, ademais de acoller a igrexa parroquial de San Vicente de Coucieiro, e o cemiterio, que constitúen a maior alteración física.
O equeno castro de forma circular, tería unhas medidas aproximadamente de 63 m. de eixo N-S por 56 de E-W. A croa, onde se sitúa a igrexa e o cemiterio, tería un diámetro de entre 30-40 m.
Posúe terraplén cara o norte, onde a caída do terreo favorece as defensas, mentres que no lado sur documéntase o trazado dun foso, colmatado, co fin de facilitar o acceso á igrexa e para aproveitamento agrícola desta zona.
Cara o NE localízase unha terraza de forma semicircular de 22 m. de anchura na que se localizaron restos de cerámica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA32055003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca201.pdf (Pax.4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.24746782279451
Lonxitude: -7.767548561096191
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84