Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Ames
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: Lapido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de planta rectangular feito a base de perpiaño e cachotería con tellado a dúas aguas , sendo a que dá cara ás portas, moi corta e a modo de beirado. Está cuberto con tella do país. O muiño ten aloxado dúas moas con cadansúa entrada de auga e accesos por portas independentes, tomando a auga dunha ancha canle. Ten pousadoiros e un banco corrido de pedra nun penal. Está nas beiras do río Sar ao seu paso por Lapido e o seu entorno desprende un cheiro desagradable debido a contaminación do río. Aínda así hai un área recreativa con merendeiros da que o muíño forma parte do seu conxunto . Ao seu lado hai unha ponte de pedra de nova construción con tallamares redondeados e que foi feita despois de que as enchentes no río tiraran unha máis antiga de laxes sobre cepas de perpiaño.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.857696266937396
Lonxitude: -8.630844354629517
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84