
Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Plaza de Pontevedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Este edificio foi financiado polo filántropo coruñes Eusebio da Guarda González, é de estilo ecléctico, tomando como referente distantes edificacións do Renacemento. A construción ten planta cadrada con patio interior. A fachada principal está dividida en tres corpos, sendo a central de aparello de pedra e os laterais de cachotería encalada, salvo os elementos arquitectónicos e decorativos importantes.
Consta de planta baixa e dúas plantas máis. O segundo corpo, a modo de “loggia”, está formado por arcos de medio punto apoiados en columnas pegadas e pechadas por vidrieiras multicores. Este é un dos espacios con maior carga simbólica do edificio, xa que alberga o salón de actos do Centro. A terceira planta ten unha estructura similar, resolta coma un ático de fins do Renacemento. Remata este segundo corpo un edículo no que se instala o reloxo e un corpo para a campá. O corpo central está resaltado pola maior calidade do material e por acumular máis decoración baseada en medallóns, grilandas, palmeiras… Todo o edificio remátase cunha cornixa con acroterios nos ángulos e cunha abundante decoración vexetal.
Accédese ó edificio mediante unha escalinata e dúas ramplas laterais lixeiramente curvadas. No seu interior destaca a grande escaleira de honor de mármore de Carrara, feita por Pedro Nicoli.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLON, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña”. Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.36815197023573Lonxitude: -8.407936692237854
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84