Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Plaza de Pontevedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Este proxecto do arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay foi financiado polo filántropo coruñés Eusebio da Guarda González. Debido o falecemento do benfeitor no 1897, as súas irmás continuaron financiando a obra. Igual co edificio próximo do instituto, xoga un papel importante dentro da armazón urbana ó protexer dos ventos marítimos o inicio do Ensanche. Este edificio articúlase mediante unha fachada con cinco corpos, o central e os dos estremos sobresaen en planta mentres que os dous de cerre recúan lixeiramente. O corpo central da fachada caracterízase por un piso baixo no que sobresaen tres vans rematados con frontispicios decorados con motivos vexetais e un pequeno acroterio. Estes tres vans orixinan tres panos separados por pilastras de escaso resalte. Os dous corpos diferéncianse claramente mediante un friso liso que acolle dúas inscricións coa data de inauguración das escolas. O segundo corpo é tamén da mesma estructura có corpo baixo, agás na parte central xa que aparecen dous vans verticais. O edificio remátase dunha forma similar ó edificio próximo, obra tamén do mesmo arquitecto mediante unha cornixa decorada cun remate de palmetas e acroterios de inspiración clásica. Coroa este corpo central un gran frontón triangular. Posteriormente igualóuselle a altura ó segundo andar.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLON, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña». Vol. VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.36861213290607Lonxitude: -8.407185673713684
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84