Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ames
Parroquia: Agrón (San Lourenzo)
Lugar: Sandar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A mámoa forma parte do campo de mámoas do Chan de Rañalonga, a 275 m. sobre o nivel do mar e das que só tres pertencen ao concello de Ames na parroquia de San Lourenzo de Agrón. Nas investigacións feitas en Rañalonga para o proxecto interdisciplinar I.E.S. Castelao-Vigo, localizáronse fisicamente 21 mámoas, algunha das cales non están catalogadas, pero quedaron sen descubrir outras 5 que desde o ano 1986, figuran catalogadas nos arquivos do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. No PXOM de Brión constan 18 túmulos que pertencen ao seu termo municipal. As mámoas desta zona foron sistematicamente destruídas despois de que con permiso oficial o licenciado pedro Vázquez de Orxas, no 1609, procedera a abrir algunhas delas. Dende aquela foron vítimas dos buscadores de tesouros, dos canteiros e da roturación de terras. A mámoa co código GA15002024, da que estamos a falar, ten un diámetro de 19 metros e unha altura de 0,90 m, cono de violación de 7 metros de ancho medio. Non se observan restos de dolmen nin de coiraza. No corte da estrada que lle pasa pola lado pódese observar unha boa cantidade de pedras pequenas que poderían pertencer a dita coiraza. Hoxe en día na mámoa hai un carballo e forma parte dunha plantación de piñeiros. Na segunda foto do mapa de pendentes, podemos apreciar a gran cantidade de mámoas do entorno e cun cadrado vermello vai esta mámoa
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15002024
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA006.pdf (pax. 5 de 7 )
Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza.
Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga. Proxecto interdisciplanar Alumnos 1º Curso da E.S.O. I.E.S.Castelao-Vigo (2009). Deputación da Coruña ISBN 978-84-9812-106-3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está nunha plantación de Piñeiros de uso forestal.
Onde está localizado
Latitude: 42.8727876128Lonxitude: -8.71222257614
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Elixio Vieites says:
Xan 22, 2013
Os Bens do concello de Ames no PXOM do ano 2002
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA003.PDF