Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Paisaxe natural,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Arcos (San Breixo)
Lugar: A Serra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Ferro,
Descrición:

Asentamento de grandes dimensións localizado nun outeiro de forma alongada de NO a SE. O desenvolvemento vertical do outeiro é bastante regular con perfil cónico e presenta unha pendente aproximada do 30 %.
A totalidade da superficie do xacemento está cuberta por vexetación e canteiras antigas que provocaron a destrucción de parte do castro, polo que non é posible unha descrición clara. A pesares das alteracións producidas durante anos, aínda se poden apreciar algunhas estruturas circulares.
Non é posible definir o número de recintos habitacionais ou terrazas debido á vexetación. O outeiro conecta coa ladeira polo N-NE. O espazo de unión é unha franxa moi estreita, duns 50 m. de ancho. A ambos lados, comezan sendas valgadas que conforman foxos naturais, por onde pasa a estrada de acceso á Picaraña que practica un corte no terreo. A Inpección do corte deu como resultado a identificación dun parapeto en forma de curva, orientado N-S, duns 50 m. de longo na base. Como elemento novedoso na sección do parapeto, observouse o lenzo externo dunha posible muralla e o seu recheo interior, que constituiría un muro defensivo cara ao recinto habitacional.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1787261757
Lonxitude: -8.48331212997
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84