Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Siabal (San Lourenzo)
Lugar: San Lourenzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio do século XVIII, barroco de planta en cruz latina e traza sinxela. Practicamente carente da ornamentación e artificiosidade propia dos edificios relixiosos pertencentes a este estilo. A igrexa destaca sobremaneira pola magnífica torre de campás que loce a súa fachada.
Esta iníciase virtualmente a ambos lados da porta principal por medio de dúas pilastras adosadas que se prolongan visualmente ata a torre.
Sobre o oco de entrada disponse unha xanela enmarcada nunha moldura que harmoniza á perfección co sobrio deseño xeral da fachada.
O fenomenal campanario de dous corpos superpostos rematados nun cupuliño opaco é, sen dubida, o elemento mais destacado e mellor logrado de todo o conxunto.
O primeiro corpo, o que acolle os sinos de bronce, é o que presenta as maiores dimensións, dotándose ademais dunha balconada pétrea perimetral a base de fermosos
balaústres contorneados. O corpo superior, ao igual que o que o sostén, presentase oco e furado nos catro eixos cardinais para posibilitar a pericia da altura que acada.
Por ultimo a cupuliña disposta no cumial, ao igual que os modulos inferiores, xurde a partir dun leve cornixamento para diferenciarse de cada unha das pezas que a preceden en altura.
A torre, que aparece situada no eixo central da fachada, proporciona un extraordinario impulso vertical á edificación, algo que consigue grazas á elegancia e á proporcionalidade do seo porte.
Existe constancia documental de obras entre 1585 e 1587, o que evidencia que a actual igrexa foi construída sobre unha anterior posiblemente románica.
Na fachada norte, situase un antigo osario que hoxe permanece fora de uso.
No interior ten un baptisterio dotado cunha voluminosa pía bautismal de pedra, ornamentada con gravado xeométrico e illada a través de unha verxa de ferro.
Contigua á entrada lateral da nave disponse tamén unha pía de auga bendita decorada con un ornato xeométrico dentado en forma de zigue-zague.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.panoramio.com/photo/77513709
http://www.panoramio.com/photo/77513174
http://www.panoramio.com/photo/77513177
http://www.panoramio.com/photo/77513187
http://www.panoramio.com/photo/77513180
http://www.panoramio.com/photo/77513706

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca006.pdf (Pax.10)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.28290498477347
Lonxitude: -7.756133079528809
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84