Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Carboeiro (Santa María)
Lugar: Carboeiro de Francia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

De estilo románico, a súa construción data do século XII. A súa é de cruz latina con tres naves e cruceiro, e a nave central é o dobre das laterais. Na fachada principal, nas arquivoltas, desenvólvese o tema dos vinte e catro anciáns da Apocalipse.
Da fundación do mosterio fala o Pai Yepes nestes termos: “Fue San Lorenzo de Carbonario en tiempos pasados abadía , edificada en la era 974 por el conde don Gonzalo y por la condesa doña Teresa, como consta por la carta de dotación, fecha la sobredicha era, que viene a ser el año de Cristo 936. Está fundado este monasterio en tierra de Deza , ribera del río llamado también Deza, que es en el obispado de Lugo. En aquel lugar hubo antiguamente una ermita que poseyó un hombre llamado Egica, y alrededor tenía algunas granjerías; todas se las compró el conde Don Gonzalo y comenzó a fundar el monasterio de San Lorenzo” .

En 1162 nómbrase nun documento como abad de Carboeiro a Fernando. Él será quen leve ó cénit o mosterio. Durante o seu goberno comezarán as obras da iglexa actual. As donacións reais e particulares serán moi numerosas.
Dende o ano 1267, sendo abade Juan de Dios, apenas se teñen noticias ata a sua anexión a San Martín Pinario de Santiago , reinando os Reis Católicos. Carboeiro convértese así , por motivo da concentración da vida monacal, en mera granxa de San Martín Pinario, pasando de abadía a priorato. No 1500 termina a grande historia de Carboeiro e comeza a pequena crónica doméstica dunha granxa , con un par de monxes dedicados ó control e a administración da facenda, á atención pastoral dos colonos do coto e o cobro das rentas.

No S XIX coa desamortización, o mosterio pasou a propiedade particular. A principios do S XX a iglexa de Carboeiro llevaba mais de sesenta anos sen que ninguén se ocupara da sua conservación. Sufriu o expolio encontrándose na década dos setenta en estado de ruina

Dende 1974 realizáronse obras de limpeza , consolidación e restauración . No verán de 2006 inícianse as visitas a pesar das obras . Na actualidade está aberto ó público.

Carboeiro foi declarado Monumento Histórico-Artístico no ano 1931.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: RB.000034718
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa escrita do 10 de xaneiro de 2018 recolle a descuberta dun gravado románico nun dos muros da cripta (ver referencia bibliográfica)


Referencias bibliográficas:

http://silleda.es/PXOM/SLL-AII04-09-CATALOGO/0402.pdf (Aprobación inicial ano 2012)
http://silleda.es/PXOM/SLL-AII04-09-CATALOGO/0403.pdf (Aprobación inicial ano 2012)
http://silleda.es/PXOM/SLL-AII04-09-CATALOGO/0412.pdf (Aprobación inicial ano 2012)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://mosteirodecarboeiro.com/
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/01/10/carboeiro-saca-luz-tesouros-ocultos/1817143.html

https://www.elcorreogallego.es/sam/expertos-revelan-que-carboeiro-sufrio-un-gran-incendio-FY3753171
https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2020/07/01/carboeiro-resurge-cenizas/2307818.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7555206992
Lonxitude: -8.24619948864
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84