Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Nigrán
Parroquia: Nigrán (San Fiz)
Lugar: Camos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta capela, do século XVIII, é un dos mellores exemplos da arquitectura barroca do concello de Nigrán. Consta dunha soa nave, con brazo lateral e ábsida cuadrangular, que amosa unha sobria decoración na súa fachada principal. Nesta atopamos a portada enmarcada en pilastras con cornixa, coroadas por pináculos de bola e na que temos un fornelo que contén a imaxe dunha Piedada. A torre do campanario, dividida en dous corpos, destaca pola súa decoración a base de pilastras, cornixas e pináculos de bola, coroada po unha sobria balaustrada e unha cúpula hexagonal.
No interior destacan os seus retablos e tallas barrocas, todas elas de moi boa factura. A representación da Nosa Señora das Angustias, tamén coñecida como a Virxe dos coitelos, aparece con sete dagas cravadas no peito.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NIGRAN/documents/0844CA001.pdf
BIBLIOGRAFÍA
VAL MIÑOR EN VERANO. Semanario turístico. Ano 5 – Nº 8
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1477826438Lonxitude: -8.80346596241
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84