Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Nigrán
Parroquia: A Ramallosa (San Pedro)
Lugar: A Ramallosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A Capela de San Campio é unha sobria obra de estilo neoclásico, erixida durante a primeira metade do s. XIX. Dividida en 3 corpos: a nave principal, o presbiterio e a sancristía. A cuberta é unha sinxela estructura de madeira a dúas augas, na nave principal, e de catro no presbiterio. Da fachada principal destaca a súa sinxela espadana e, na sur, un magnífico mural de azulexos onde se observa a figura de San Telmo, rememorando a súa presenza nestas terras. O presbiterio, separado da nave por un amplo arco triunfal de medio punto sustentado en senllas pilastras, acolle un sinxelo retablo de inspiración barroca.
O emprazamento actual da capela non é o orixinal, xa que sufriu varios traslados. En 1865 tívose que trasladar pola construcción da estrada que conducía a Vigo. No 1925 volveuse mover, á súa posición actula, con motivo da construcción do tranvía.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000032798
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

A devoción por San Campio está moi estendida por Galicia. Foi un soldado romano, que padeceu martirio, coa súa familia, por negarse a abxurar da súa fe cristiá, nos tempos dos emperadores Diocleciano e Maximiliano, alá polo ano 306. Por esta razón converteuse no patrón dos mozos que ían ao servizo militar, encomendándose a el para sair ben parados da súa “aventura”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.116207198
Lonxitude: -8.81333112717
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84