
Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago de Compostela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Ocupa o que fora chamado o Outeiro dos Poldros, por ser este lugar onde se celebraban as feiras dende épocas medievais ata que foron trasladadas as aforas da cidade. Ten unha boa cantidade de carballos moi cerca do centro da cidade o que o fai un sitio moi frecuentado para os paseos, e a celebración das festas. Está nesta carballeira a igrexa de Santa Susana, mandada construír polo Arcebispo Xemírez e consagrada no 1102, despois de que este trouxera dende Braga as reliquias da santa, no que se deu en chamar o “piadoso latrocinio”. Nesta carballeira fundouse a Santa Irmandade no 1465 que daría lugar ao inicio das revoltas irmandiñas.
Está formando parte da Alameda e o Paseo da Ferradura de Santiago con boas vistas sobre a catedral e a cidade vella. Foi como di Otero Pedraio lugar de “… festa, feira, campamento e suplicio”. O planeamento da cidade do 2007 fai constar a existencia dun castro, pero ningunha actuación logrou afirmalo rotundamente.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Otero Pedraio, Guía de Galicia Ed Galaxia.
Web do libro en google books, https://goo.gl/IHzh8j (pax .385)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.pdf
(pax doc. 188 de 401)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8779752689Lonxitude: -8.54920864105
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
manuel says:
Nov 13, 2012
Estades seguros de que é un castro?
elixiovieites says:
Nov 13, 2012
Pois no pxom do 2007 do concello de Santiago de Compostela aínda apunta a existencia dun castro no outeiro de Santa Susana (pódelo ver na bibliografía da ficha) . Pero decidín despois de obter unhas informacións que sería mellor cambiarlle o nome á ficha e poñer só o de Carballeria de Santa Susana, que non é pouca a historia dese lugar. Despois de facer algunhas obras e ter que realizar as excavación pertinentes, nada parece soster a existencia do castro, pero en moitos sitios (como poder ver no propio concello) aínda figura como tal, se é que non foi feita outra documentación máis actualizada
Manuel says:
Nov 13, 2012
Ollo. No PXOM que de achega non aparece ningún castro na carballeira de Santa Susana. Non estrá trabucado co castro de A Susana?
elixiovieites says:
Nov 13, 2012
A ficha que se pon é do entorno da Cidade Histórica, e o castro de Santa Susana , aparece nomeado ao lado do de San Fiz, as murallas, a catedral e os eixos viarios . Póñer non pon carballeria, eso e verdade, pero A Susana quédalle un pouco lonxe a esa ficha.
magago says:
Nov 13, 2012
Moi boas. Por precisar: unha rápida busca en Google Books permite ver que xa Murguía chamaba ao lugar sobre a Alameda Castro de Santa Susana. É unha referencia habitual e unha forma de denominar a este lugar en Compostela ao longo do XIX ou XX. O seu emprazamento e morfoloxía parecen apoiar esta posibilidade.
Numerosos PXOMs rexistran espazos unicamente baseándose en referencias toponímicas. A min non me parece fóra de lugar mencionar que a toponimia tradicional recolle a existencia dun castro neste lugar.
Manuel says:
Nov 13, 2012
Creo que coincidimos en que puidera haber un castro, pero que non hai datos para afirmalo. Concordo coa reforma da ficha.