Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Nigrán
Parroquia: Camos (Santa Baia)
Lugar: A Lama
Outra denominación do ben: Cruceiro Maior
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro da Lama é unha das mostras máis fermosas da arte rural do Val Miñor. Consta dunha plataforma de tres chanzo, sobre a que se apoia un pedestal de base cuandrangular que, debido aos rebaixes que presenta nas esquinas, amosa na parte superior unha sección octogonal. Segundo a inscrición da súa base data do 1616, aínda que é probable que presente remodelacións posteriores. Nesta mesma inscripción tamén se pode ler:
“ESTA OB
RAMAND
OACER
GRECO
bADO
CORES
ANO 1616”.

O fuste, liso e algo curto, de sección circular, sobre o que se asenta a cruz na que podemmos observar no seu lado S. un Cristo crucifixado en alto relevo. Polo lado contrario unha Piedade de vulto redondo. O tratamento técnico das figuras denota certo realismo bastante logrado, onde destaca a expresividade das facianas. O acabado da cruz e a súa propia iconografía (a presenza da piedade) suxiren que estamos ante unha obra engadida a posteriori, xa máis propia do s. XVIII.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3603502.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador. (2004). Cruceros de VAL MIÑOR y Sta. María de Oia. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador. (1995). HISTORIA DA COMARCA DO VAL MIÑOR (Baiona – Nigrán e Gondomar). Ed: AGCE (ASOCIACIÓN GALEGA PARA A CULTURA E A ECOLOXÍA).

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.146406494106
Lonxitude: -8.7649548053741
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84