
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Nigrán
Parroquia: Camos (Santa Baia)
Lugar: Rua Dos Pazos, 119
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A propiedade, no s. XV, era do Cabido de Tui que a tiña aforada a Vasco de Godoy quen, en 1613, dooullos ao seu sobriño o capitán en Frandes Gregorio Vázquez Ozores, casado con Teresa Troncoso de Lira, neta do anterior, que sería o que iniciaría a construción do pazo.
O edificio principal, que sufriría importantes remodelacións no s. XVIII, de clara inspiración barroca, ten dúas plantas, formadas por dous corpos diferentes, que definen unha típica planta en “L”. Na intersección dos dous corpos destaca a fermosa torre ameada, decorada con gárgolas en forma de canóns. Na mesma disposición atopamos catro pedras heráldicas, rematadas con coroas ducais en forma de perfectos aneis, das que só nun caso presenta o seu campo decorado coas armas das familias Pereira de Castro, Falcón e Ozores-Soutomaior.
Destaca a cheminea, que alcanza maior altura que a torre, e amosa dous corpos ben diferenciado, separados por unha moldura con desaguadoiros nas esquinas. Remata cunha sobria decoración de ameas e pináculos culminados con bolas.
Na fachada principal, unha fermosa escalinata de granito une o adro da capela e o patín con balaústres, cuberto cun tellado de armazón en madeira e sustentado por catro columnas lisas tipo toscano. Baixo o patín ábrese un amplo arco decorado con placas recortadas, tipicamente barrocas. Á esquerda do patín temos un fermosos brasón onde se observan as armas das familias Pereira de Castro, Falcón, Troncoso de Lira, Soutomaior e Ozores.
A capela intégrase na fachada principal. Nela destaca a súa espadana con campá, baixo unha fornela enmarcada nun arco decorado con elementos vexetais, que acolle unha imaxe da Virxe da Asunción.
Na fachada posterior destaca a súa balconada balaustrada, pegada á torre, co tellado sustentado por tres esveltas columnas toscanas.
Un elemento distintivo deste pazo é o seu portalón de acceso, desprazado da súa posición orixinal no nordeste do eido. Componse dun amplo panel de perpiaños no que se abre a porta, a través dun arco de medio punto, flanqueado por dúas torres cilíndricas rematadas nunha especie de cúpula semiesférica e decoradas con cadanseu escudo de armas. A ambos lados do arco de entrada atopamos senllos altorrelevos de guerreiros e, baixo eles, catro cabezas de leóns -dúas a cada lado-, moi deterioradas, que orixinariamente tiñan argolas nas súas fauces. No centro da portada, o escudo de armas, coa coroa ducal, das familias Pereira de Castro, Ozores, Soutomaior e Falcón., flanqueado por leóns rampantes en relevo e, rematando a composición, unha figura humana tocando unha trompeta. A portada estaba decorada con catro pequenas estatuíñas, hoxe desaparecidas; dúas de pé en actitude de tocar un instrumento musical, sobre a parte central, e as outras dúas sobre as torretas, unha sentada e outra de pé, en actitude de saúdo.
Elegante escalinata unida á fachada e balconada con balaústres. Capela que dá ao patio, solaina na fachada posterior e cheminea de dous corpos con remate ornamentado. O portalón de acceso, que non está n seu lugar orixinario, presenta diversos elementos decorativos singulares: catro cabezas de león, dous bustos de guerreiros flanqueando a entrada e catro figuras -hoxe desaparecidas- que coroaban o muro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NIGRAN/documents/0844CA001.pdf
BIBLIOGRAFÍA
Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor” Depuatción de Pontevedra. 2012.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1442825513Lonxitude: -8.77407431602
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xabier Recondo says:
Dec 30, 2016
Sobre o capitán Gregorio Vázquez Ozores, foi un dos defensores da cidade de Vigo no ataque da frota otomana no mes de decembro de 1617, tras o saqueo e destrucción da vila de Cangas.