Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Fisterra / Fisterra (comarca)
Parroquia: Fisterra
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Ermida de san Guillerme está situada a 222 metros de altura, edificada na ladeira oriental do monte do mesmo nome, que se levanta ao pé da igrexa de Santa María de Fisterra ou de Áreas, nas aforas da vila en dirección ao cabo Fisterra. Aproveita na súa construción a oquedade natural dun afloramento granítico de grandes proporcións e está ao leste, mirando cara ao macizo do Pindo noutro lado da ría de Corcubión, dominando en altura a totalidade da vila. Polo que á estrutura da ermida se refiere, está composta por catro alzados de mampostería granítica e adosado ao seu alzado leste, polo interior, existeun altar de pedra de morfoloxía cadrangular que conserva practicamente a altura que no seu momento debeu ter. A súa cubrición sería posiblemente a dúas augas, tal e como apuntan os mechinais localizados no afloramento granítico. Trátase de vários cortes de morfoloxía cadrangular estruturados en dúas fiadas que permiten organizar un tellado de dúas vertentes con tella curva de cor laranxa, tal e como indica a abundancia deste material en toda a superficie do xacemento.

As estructuras exhumadas ata a actualidade falan dun conxunto que pasou por diferentes etapas constructivas, tendo presente a existencia dun culto cristiá, indicado pola presencia da ermida que da nome ao lugar. Ademaís, compre sinalar a existencia de diferentes niveis de uso doméstico que se artellan na zona sur do espacio relixioso, como poden ser as lareiras da zona leste. Con respecto á cronoloxía do conxunto, polo momento, todo apunta a que nos movemos nun abanico cronolóxico de entre o século XII e finais do século XIV, sabendo polas fontes escritas que a destrucción total da ermida por orde da Igrexa se produxo no século XVII, abandonando este lugar de culto e peregrinaxe ata case a actualidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

Neste lugar se atoparon pezas de interese histórico: cruces e vainas de bronce, moedas, e ata unha reproducción en acibeche do Apóstolo Santiago (datada no baixomedievo, entre os séculos XIII e XIV, que reafirman a vinculación do Camiño de Santiago co lugar considerado durante moito tempo a fin do mundo coñecido.


Tradición oral:

A lenda sitúa neste monte a morada dun ermitán, que algúns din que puido tratarse do duque Guillerme de Aquitania.

A ermida conserva, entre outros vestixios, a lousa (ou cama) do santo, á que se lle atribúen poderes fecundantes. Dise que as parellas estériles acoden a este lugar con fin de ter fillos. Este rito seguramente sexa a adaptación á crenza crstiá do rito pagán do “Arar Solis” (culto ó Sol)


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.89742523365383
Lonxitude: -9.2669677734375
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84