Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: San Miguel de Cora
Lugar: Cora
Outra denominación do ben: Torre dos Mouros
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Fortaleza ubicada nunha illa artificial na marxe sur do río Ulla. Un foxo de 130 metros de lonxitude, cinco metros de anchura e dous de profundidade aílla a fortaleza dos campos veciños. O foxo está inundado na zona NO. A fortaleza consta de dous recintos. O recinto do NO, máis elevado, está separado por un foxo máis colmatado que atravesa a fortaleza en sentido SO-NE máis difícil de apreciar. Moi posiblemente, este recinto superior estea elevado artificialmente. Non se aprecian restos de defensas no interior, aínda que no sector NO existe unha acumulación de cachote que podería ser parte da edificación.
O castelo pertenceu á Mitra compostelana, quen llo cedía a familias nobres vinculadas a ela. O seu último usuario foi Suero Gómez de Soutomaior, quen o empregou como un lugar de extorsión, tortura e prisión para os habitantes da área. Tras tres semanas de asedio, os irmandiños conseguiron entrar no recinto. En época medieval coñecíase, entre outros nomes, por “Casa Grande da Ynsoa”.
Nas leiras próximas hai unha gran dispersión de materiais cerámicos, moi posiblemente procedentes do castelo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
O lugar coñécese como “Torre dos Mouros”. Barcia Caballero alude a varias tradicións sobre mouros e lugar de encontro de meigas.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
NEIRA, Henrique (2007) “Sobre a Torre da Ínsua de Cora”, in A Estrada. Miscelánea histórica e cultural. Número 10.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Aínda que non parece que exista un perigo inminente, o sitio arqueolóxico está exposto, na súa cara norte, á forte erosión do río Ulla.
Onde está localizado
Latitude: 42.75426025052213Lonxitude: -8.52663516998291
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
magago says:
Nov 15, 2012
Máis info no meu blog: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/11/14/a-ominosa-historia-da-insua-de-cora/