
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: -- / Paderne de Allariz
Parroquia: Mourisco (San Salvador)
Lugar: Saá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa reformada entre os séculos XVII e XVIII (na fachada lese Reedificata a 1600) que presenta planta rectangular, muros de perpiaño e presbiterio máis elevado ca nave.
A súa porta de acceso principal amósase alintelada e decorada con molduras dobradas nos ángulos. Sobre ela disponse un óculo circular
Igualmente moldurado en forma de caveto.
Os cantos do templo aparecen tratados con pilastras lisas con tres liñas de arquitrabados e remates de pirámides de bolas sobre corpos prismáticos.
Sobre o ático unha espadana de dobre oco ornamentada con machóns estriados e provistos de arquitrabes na cara inferior do arco.
O conxunto remátase en altura con un frontón de perfil trapezoidal curvo decorado con pináculos piramidais rematados en bola.
Pola súa parte o cimacio conclúese a través dunha cruz pétrea.
No lado norte destaca a presenza dunha inusual caixa levantada en perpiaño granítico cuberta por unha cúpula oxival semiesférica que ten por obxecto protexer a escaleira que permite acceder á espadana desde o exterior do templo.
Na fachada norte do templo emprázase un osario levantado do mesmo material e calidades do templo. No lado sur do basamento da espadana disponse un reloxo de sol.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca005.pdf (Pax.2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.28088881867894Lonxitude: -7.72064208984375
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84