Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Mourisco (San Salvador)
Lugar: Virxe do Campo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Capela de planta rectangular e grandes dimensións cuxos muros foron levantados con perpiaño granítico concertado da modalidade de opus quadratum. Protexida cunha cuberta a dúas e catro augas, en nave e ábsida respectivamente, a súa fachada principal acolle a porta de entrada gorecida baixo un arco alintelado enmarcado en un frontón triangular rematado en altura por unha espadana de un único van rematada en un gablete.
Unha das principais peculiaridades do edificio é o grande cabildo cuberto con teitume a tres augas co que conta o templo.
Tratase dun espazo aberto que sustenta a súa cuberta con dous grosos esteos de granito levantados en perpiaño, e que ten por obxecto resgardar das inclemencias meteorolóxicas aos fieis que acoden ao templo.
A porta de acceso aparece enmarcada por piares de fuste estriado embebidos no muro que sustentan, de maneira ilusoria, un entrablamento clásico de deseño rural.
A cronoloxía máis probable do inmoble é o primeiro cuarto do século XIX.
Próxima a capela abícase unha cruz granítica sen figuración e arestas biseladas chantada sobre un penedo de medianas dimensións.
Ao pé da porta da entrada localizase unha imaxe pétrea da Virxe bastante deteriorada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca004.pdf (Pax.2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.280714187083596
Lonxitude: -7.70815372467041
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84