Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Nigrán
Parroquia: Chandebrito (San Xosé)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O templo foi construído nos anos 1784 e 1785 por Xoán Orxe, pola cantidade de 18.950 reais. O ano seguinte, 1786, foi erixida como parroquia independente de Camos. Non tivo párroco ata 1811.
Sufriu unha reforma importante no ano 1893, na que se fixo a bóveda actual da nave e a espadana. É unha soa nave de planta e ábsida rectangulares, ás que se lle adosou no lado sur unha sancristía.
A fachada occidental enmárcase por dúas pilastras rematadas en pináculos, ao igual que a fachada leste.
A porta adórnase cunha moldura acobadada nos ángulos. Na doela central do lintel, hai unha flor de lis dobre que serve de arranque para a peaña da base de fornela que acolle a imaxe pétrea do patrón. No lintel, partida pola flor de lis, está a inscrición do remate da obra: “HIZOSE EN — 1785” A fornela, de arco de medio punto, presenta unha moldura de cinta. Por riba dela está a ventá cadrada recercada. Remata nunha cornixa voada que fai de base á espadana de dous corpos. No primeiro, dous ocos en arco de medio punto. E no segundo, entre pináculos, outro arco de medio punto coroado por frontón semicircular que serve de base á cruz de remate. No lado norte ten catro contrafortes, mentres que no lado sur soamente tres, porque o outro correspondería no muro da sancristía.
A bóveda da nave é de canón en pedra de sillería, con tres arcos faixóns que apoian en pilastras.
O arco triunfal, máis baixo, é de medio punto, e a bóveda da ábsida ten unha sinxela cruzaría con clave central, ornamentada cun motivo vexetal, e grosos nervos. Como adorno interior ten unha cornixa perimetral na nave.
A sancristía tamén ten bóveda de canón.

BENS MOBLES
Na actualidade non se conserva ningún retablo, aínda que se coñece a súa existencia polo contrato de pintura do mesmo feito con Benito Antonio Silva Ruibal no ano 1807 e que se conserva no Arquivo Histórico Diocesano. E tamén por algún resto del que se aproveitou para facer a base do actual sagrario, e o Espírito Santo de remate que se atopa no presbiterio.
As imaxes barrocas de San Pedro e San Paulo teñen moi boa factura, aínda que a súa pintura actual non deixa aprecialas debidamente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Na actualidade non se conserva ningún retablo, aínda que se coñece a súa existencia polo contrato de pintura do mesmo feito con Benito Antonio Silva Ruibal no ano 1807 e que se conserva no Arquivo Histórico Diocesano. E tamén por algún resto del que se aproveitou para facer a base do actual sagrario, e o Espírito Santo de remate que se atopa no presbiterio.
As imaxes barrocas de San Pedro e San Paulo teñen moi boa factura, aínda que a súa pintura actual non deixa aprecialas debidamente.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NIGRAN/documents/0844CA001.pdf (p. 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.162162810729825
Lonxitude: -8.75386655330658
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84