Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Redondela
Parroquia: San Vicente de Trasmañó
Lugar: Rande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A fábrica é unha antiga conserveira da primeira metade do século XIX.
A primeira noticia da factoría data de 1836. A fábrica instalouse en Rande, onde antes se situaba a Praia do Rabicho.
Despois de pasar por diferentes donos, en 1941, e ante o auxe do negocio da salgadura tras o fin da Guerra Civil Española, a fábrica pediu permiso á Autoridade Portuaria de Vigo para ampliar a factoría ocupando parte da zona marítimo-terrestre do porto. A ampliación consistiu na construción dun muro litoral, dúas ramplas de atraque, escaleiras que comunicaban co que quedaba da praia e un recheo no lado oriental dos terreos. As obras remataron en 1945.
En 1952 a fábrica, cuns medios modestos se se comparaban cos doutras conserveras, abandona definitivamente o negocio da salgadura, adicándose por completo ás conservas ata o seu peche en 1955. Dende esa data a factoría quedou abandonada e acabou sumíndose na ruína, sendo invadido o recinto por árbores e plantas.
Despois de varias visicitudes burocráticas, o 29 de outubro de 2004 os terreos da fábrica volveron ser propiedade do Porto de Vigo.

En 2008 a Asociación Cultural e Deportiva de Rande reclamou que se convertese a ruinosa factoría nun Museo da Batalla de Rande, que tivo lugar a pouca distancia de alí en 1702. En abril de 2011 o arquitecto vigués Carlos Falagán presentou un proxecto para construír o mencionado Museo aproveitando as ruínas da xa coñecida como “Fábrica do Alemán”. O proxecto está presupostado en 1.130.981 euros, o que requiría a participación duns fondos europeos. Nun principio as obras de dito museo rematarán en decembro de 2012.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

Entre as paredes da fábrica aínda se poder ver dúas máquinas de vapor -unha delas con rodas. A que ten rodas leva unha inscrición nunha delas que indica que é un xerador portátil construído por Ruston Proctor & Co. Ltd., unha empresa fundada en 1857 en Lincoln (Inglaterra), adicada á fabricación de maquinaria industrial e agrícola (ademais dos primeiros tanques e avións de combate durante a Primeira Guerra Mundial). Podedes ver aquí un xerador case idéntico, de 1909, pero en perfecto estado. Hai que sinalar que esa firma pasou a denominarse Ruston and Hornsby Ltd. en 1918, así que posiblemente as máquinas da Fábrica do Alemán sexan xa centenarias.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“Sal, Sardinas e Peiraos”. Alberte Román Losada (Edita Alén Nós). 2009
http://www.outono.net/elentir/2011/08/16/la-fabrica-del-aleman-un-vestigio-de-historia-nazi-en-la-ria-de-vigo/
http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/10/31/obras-museo-rande-acabaran-diciembre/705276.html
http://abcblogs.abc.es/espejo-de-navegantes/2014/10/23/ultimas-noticias-de-la-batalla-de-rande-el-maracaibo-nunca-salio-de-alli/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

En febreiro de 2010 a Autoridade Portuaria pasou polas ruínas, sen enterralo, un colector de augas residuais, destruíndo aínda máis o ámbito.


Onde está localizado

Latitude: 42.2850222866
Lonxitude: -8.65617781878
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84