Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Cantoña (San Mamede)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de dúas alturas e planta rectangular que presenta unha cuberta a dúas augas protexida por tella curva.
Anexo a este edificio levantouse outro, de planta terrea e menor tamaño, destinado a oficinas.
O inmoble foi levantado en opus quadratum, isto é en perpiaño perfectamente labrado e escuadrado parcialmente, enfuscado e pintado.
O paramento levántase a partir de un zocalo almofadado de 1m. De altura.
O eixe de simetría está composto por unha gran porta de entrada gorecida baixo un arco escárzano á que segue unha porta de aire balconada coroada por un frontón moldurado curvo de estilo galeguista.
Foi construído a mediados do século XX e acondicionado recentemente tanto o teito como o muro exterior, tapiando tanto portas como ventás. Polo que parece un traballo baldío, reparar un edificio para que permaneza cerrado.
Ao pé do edificio consérvase un gran depósito de auga con estructura de formigón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca006.pdf (P.6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.256419804474035
Lonxitude: -7.753064632415771
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84