Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Noia
Parroquia: Argalo (Santa María)
Lugar: Sobreviñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este cruceiro de Sobreviñas de tipo crucifixo e coñecido tamén polo nome da “Virxe Negra”. Carece de plataforma e o varal está posto directamente enriba do pedestal, sendo octogonal e dunha soa peza, rematado en capitel sinxelo e de formas xeométricas. Na cruz está a figura de Cristo no anverso coa cabeza inclinada á dereita e pano de pureza, e a da virxe da Piedade no reverso. Están talladas directamente nos brazos da cruz en baixo-relevo e son de pequeno tamaño. O 27 de novembro do 2012 foi esnaquizado totalmente por un coche ao saírse este da estrada e levalo por diante. A primeira foto é unha captura de Google Street e a segunda de Carmela Sánchez Arines, reflectindo o estado antes e despois do accidente.
En Maio de 2015 logo da súa reconstrución e rehabilitación por unha empresa especializada, foi recolocado no sitio orixinal


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(p. 19 de 20)
http://wp2.liceodenoia.com/wp-content/uploads/Alameda-6.pdf
(páxina 57)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Un accidente destrozou o cruceiro o 27 de Nov. de 2012.
O cruceiro está recolocado desde o mes de maio deste ano 2015, logo da súa reconstrución e rehabilitación pola empresa especializada TOMOS de Vigo.


Onde está localizado

Latitude: 42.7678360996
Lonxitude: -8.88577759266
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84