Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Begonte
Parroquia: Damil (San Salvador)
Lugar: A Cigoñeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Esmoleiro construído a meados do passado século por iniciativa de Ángel Veiga, Francisco Pajón e José Teixeiro, ramistas da festa que se celebrava todos os meses de maio na honra do Sam Vitório de Damil. A efígie do santo que figura na fotografia adjunta e mais a pequena capelinha de madeira em que se encontrava fôrom obra ambas as duas de Celestino Pichim, vizinho da mesma freguesia de Sam Salvador de Damil e a quem se lhe encomendou também a construçom o retábulo neogótico existente na capela do Sam Vitório. Porém, essa imagem foi roubada no ano 2006 e substituída por outra realizada em madeira de castinheiro por José de Villadóniga, vizinho também da freguesia.
O esmoleiro encontra-se situado à beira da estrada que une as localidades de Rábade e da Feira do Monte, no começo do caminho que comunica a dita estrada com a capela do Sam Vitório.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Blanco Prado, José Manuel (1989): “Os esmoleiros da Terra Chá e as súas vinculacións con algúns santuarios chairegos”, Revista de Investigación ‘Etnografía’, n.º 3. Também disponível em: http://mesondoforno.com/index.php?option=com_content&view=article&id=840:os-esmoleiros-da-terra-cha-lugo-e-as-suas-vinculacions-con-alguns-santuarios-chairegos&catid=57:etnografia-2011&Itemid=89.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.15704675083391
Lonxitude: -7.6090943813323975
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84