Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Lousame / Noia
Parroquia: Lousame (San Xoán) Noia (San Martiño)
Lugar: Berrimes- A Perouta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A croa deste Castro esta cinguida por un gran terraplén, máis visible nas caras noroeste e norte. O parapeto que o remata está case esmorecido ao chegar o límite do recinto , pero vemos que hai unha especie de rego afondado en todo o seu perímetro que podería ser o asento de algunha defensa feita con madeira. Serve o castro de límite entre os concellos de Noia e Lousame pois a liña divisoria pasa polo medio da croa. As medidas desta, aproximadamente, son de 90 m. este-oeste e 75m. norte-sur. Está a 170 m. sobre o nivel do mar e dende el hai unha boa vista sobre Noia e a desembocadura do Tambre. No monte próximo a el hai outeiros de penedos redondeados, tamén con visión privilexiada sobre o mar. Segundo Agrafoxo, apareceu cerámica castrexa e hai folclore sobre “mouros”, unha pipa de ouro, unha trabe e un libro para burlar o tesouro do castro. A día de hoxe está adicado a piñeiral e non ten maleza excesiva que impida andar por el. Nas fotos do voo americano do 1956 e no mapa de Pendente Lidar 2010, desta ficha, está rodeado en círculo negro a situación do castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo Pérez, Xerardo. Asentamentos castrexo no Partido Xudicial de Noia.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOUSAME/documents/0206CA004.pdf ( p. 5 de 12
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOUSAME/documents/0206CA003.pdf plano (p. 6 de 8 )
http://www.concellodelousame.com/es/patrimon/restos/castros/castros.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOUSAME/documents/0206CA002.pdf (p. 6 de 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7741093391515
Lonxitude: -8.872318267822266
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84