Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Rois
Parroquia: Augasantas (San Vicente)
Lugar: Augasantas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A carón da igrexa de San Vicente de Augasantas atópase a casa reitoral. O que debía ser unha fermosa edificación está agora en ruínas. Levantada con muros de perpiaño e cachotería, amosa no tellado a dúas augas unha gran cheminea. Ventás enrasadas e con tragaluces cuadrangulares enriba delas para deixar pasar máis luz ao interior. Portalón de entrada alintelado e alto muro que rodea a horta. Por unha porta tense acceso directo desde aí, ao adro da igrexa. Dentro do recinto da casa adivíñanse entre a maleza alpendres auxiliares para dar servizo nos seus mellores tempos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349CA004.pdf
(p- 10 de 12)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.794258713862014
Lonxitude: -8.737735748291016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84