Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: San Fins de Brión
Lugar: Chans de Montouto e Rañalonga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
O Campo de Mámoas de Rañalonga está formado por un total incerto de túmulos, todos os coñecidos profanados e saqueados dende antiguo. Esta operación de profanación comezou no ano 1609 cando o clérigo indiano Pedro Vázquez de Orxas solicitou e obtivo licencia, despois de convencer ao rei Felipe III, para rexistrar “todas las mámoas de gentiles galigregos” para facerse cos supostos tesouros de ouro que contiñan estas tumba, como ocurría en América, terra de onde acababa de regresar. Chegaron a profanarse máis de 3000 en toda Galicia por señores xurisdiccionais, cregos e os propios veciños, entre elas figuran algunhas de Rañalonga. Dende a publicación do libro citado e editado pola deputación da Coruña, foron descubertas pola zona novas mámoas que non estaban catalogadas, ao identificar os veciños que obtiveran o libro a forma destes túmulos dentro das súas propiedades.
O número de mámoas que se manexa varía entre os 18 que veñen recollidos no PXOM do concello de Brión do ano 2003, ata 21 localizados fisicamente no desenvolvemento do traballo feito polo I.E.S. Castelao (Vigo) e que segundo sinalan algunhas aínda non están catalogadas. Non obstante quedaron sen descubrir outras cinco que, desde o ano 1986, figuran catalogadas como tales nos arquivos do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga. Proxecto interdisciplanar Alumnos 1º Curso da E.S.O. , I.E.S.Castelao-Vigo (2009). Deputación da Coruña ISBN 978-84-9812-106-3
González Pérez, Clodio; Brión: Historia. Economía. Cultura. Arte.;
Dep da Coruña. Reedición do ano 2016
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA002.pdf
Enlaces Web
http://historiadegalicia.gal/2018/01/as-mamoas-de-ranalonga-gran-necropole-neolitica-da-amaia/
Enlace a cada unha das mámoas da necrópole de Rañalonga en patrimoniogalego.net
http://patrimoniogalego.net/?s=Ra%C3%B1alonga
Prensa
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/06/21/0003_7799238.htm?idioma=galego
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8690448062Lonxitude: -8.70514154434
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixio says:
Xul 16, 2011
Pola gran cantidade de mámoas que existen (por agora),podedes visionar no google earth, no concello de Brión, ao Oeste das aldeas de o Casal e Quintáns, ou senon coordenadas 42º 52,00 00. Norte, 8º 42,25 00. Oeste, 290 m de altitude,pois hai moitas fotos colgadas . Decir que é unha das parte máis alta do concello (exceptuando a Luaña) e forma unha extensa penichán .
Elixio Vieites says:
Set 14, 2012
Para máis información sobre cada unha das mámoas ( fichas de 11 a 28 )
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
elixiovieites says:
Xan 2, 2018
Un traballo sobre a necrópole de Rañalonga de Brión en http://historiadegalicia.gal/
http://historiadegalicia.gal/2018/01/as-mamoas-de-ranalonga-gran-necropole-neolitica-da-amaia/