Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Siabal (San Lourenzo)
Lugar: Os Outeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Vivenda unifamiliar de planta rectangular e dúas alturas que proxecta os seos extremos cara a finca posterior ata acadar unha planta en forma de U.
Levantada no século XIX en perpiaño granítico perfectamente labrado, a composición da súa fachada levouse a cabo seguindo o principio de simetría imperfecta.
O portalón de acceso principal, que permite a entrada de carruaxes a un patio interior distribuidor, aparece modelado seguindo o gusto barroco rural: placas, pináculos en altorrelevo, arco alintelado, cornixa moldurada e no centro un escudo nobiliar flanqueado por duas xanelas.
O escudo rematado por unha coroa que emerxe do muro en forma de exedra, presenta un único campo cuberto por sete torres medievais con cadasúa escada de igual altura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca003.pdf (P.1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.28708594249228
Lonxitude: -7.75270253419876
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84