Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Vilacova (Santa eulalia)
Lugar: Vilacova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de crucifixo situado cerca da igrexa parroquial de Vilacova e a poucos metros da fonte de San Fix . Ten unha plataforma cadrada de catro chanzos e un pedestal de forma cubica con tódalas arestas rebaixadas en chafrán. Nos rebaixes superiores van os nomes de quen o custearon e a data de 1774. O varal ten sección octogonal, con paramentos recuadrados na base. O capitel está decorado con cabezas de anxos e volutas. A cruz ten os brazos con sección circular . No anverso leva o Cristo crucificado coa cabeza inclinada á dereita e con pano de pureza con atado cara o mesmo lado e con cartela no remate. Destacar a boa talla das figuras, con detalles anatómicos no caso do Crito. No reverso está representada a Virxe en actitude orante. Leva un longo manto e unha coroa e apoia sobre peaña de querubíns.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOUSAME/documents/0206CA007.pdf
(3 de 10 , vai, co número 1 dos cruceiros de Vilacova)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.77795633332935
Lonxitude: -8.806647062301636
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84