Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (San Estevo)
Lugar: Vilaboa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A capela de Santa Bárbara de Vilaboa é unha edificación popular de planta rectangular e cuberta a tres augas. Totalmente restaurada, os seus muros de peche son de moi boa calidade (opus quadratum) ofrecendo unha labra propia de mestres canteiros moi cualificados.
O elemento máis destacable da súa fachada é a aguda espadana que a coroa, un muro lanzal dun único oco que serve de soporte a unha campá
de pequeno tamaño. Remata a peza un gablete horadado, rematado en cruz,
que se amosa flanqueado por un par de pequenos pináculos de forma piramidal.
No que atinxe á fonte adscrita á capela, sitúase xusto detrás do seu presbiterio, dando forma a unha pequena praciña en forma de exedra, que aparece engalanada cun banco pétreo corrido, un peitoril mixto de ferro e granito, e dúas esferas deste último material. O cano da fonte insírese nun
edículo adosado ao muro da capela que presenta forma de frontón neoclásico.
A auga déitase nunha pía.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.allariz.com/recursos/catalogo_patrimonio_1.pdf (P.88-90)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.19142605780071
Lonxitude: -7.77859658002853
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84