
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Lousame (San Xoán)
Lugar: As Quintáns
Outra denominación do ben: O Desencravo de Berrimes
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
É un dos cruceiros máis vistosos do concello de Lousame pola calidade da súa realización e a labra das figuras que representan un desencravo, nome polo que tamén é coñecido. O cruceiro vai sobre plataforma de tres chanzos cuadrangulares e o varal arranca sobre gran base cúbica de arestas superiores achafranadas e con molduras en todo o seu perímetro onde está a inscrición do ano no que foi feito, 1889. De varal non moi esvelto e de corpo octogonal excepto no comezo e no remate. Capitel cuadrangular con astrágalo liso e anxos que portan os símbolos da paixón. O ábaco co que remata o capitel, e dá asento á cruz, ten os lados redondeados e vértices con chafrán, vai adornado con volutas de inspiración xónica e cunchas. As figuras corresponderían con Xosé de Arimatea e Nicodemo no alto da cruz recollendo o corpo de Cristo, e María ao seu pé de xeonllos. Foi obra do Santeiro de Chave, aldea de Lousame. Canteiro que tamén realizou o impresionante Cruceiro de Eiroa, tamén representando o desencravo, no concello Noia. Este escultor foi nomeado por Castelao como o “Vello Santeiro de Chave”, un dos poucos canteiros dos que transcendeu o seu nome, Andrés Castaño Fernández. E que pertenceu a unha longa tradición de canteiros no lugar de Chave.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOUSAME/documents/0206CA005.pdf (p. 9 de 10)
Unha foto en : http://xurl.es/hh4eg
Sobre o Santeiro de Chave no libro de Castelao “As cruces de Pedra na Galiza” :
http://xurl.es/riaoi
Entrevista ao tataraneto do Santeiro de Chave, con debuxo do Cruceiro en: Http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/07/28/677823.shtml
O cruceiro de Eiroa (Noia), do mesmo autor
http://patrimoniogalego.net/index.php/6537/2011/10/cruceiro-de-eiroa/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.77245155354993Lonxitude: -8.86870801448822
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84