Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (San Estevo)
Lugar: Vilaboa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situado a carón da capeliña de Sta Bárbara e ocupando unha posición de encrucillada, o peto é un voluminoso bloque de pedra de carácter rectangular
e cuberta chan que se levanta en perpiaño de boa calidade e ben dimensionado. Dotado cun amplo fornelo.
Amosa unha imaxe de Sta Bárbara tras dunha reixa de ferro dianteira que a protexe.
No interior do retábulo –un lugar coñecido como petitorio- colócase, nos días de forte treboada, unha pequena imaxe da santa que, habitualmente, se garda na capela próxima.
O peto remátase cun pestaniño sobresaínte que xa perdeu a cruz de pedra que, outrora, o coroou.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo recolle Fernández de la Cigoña no seu libro Os petos de ánimas da provincia de Ourense, existe unha tradición asociada ao peto segundo a que, nos días de tronada, cargábase a santa nun cabalo para visitar as aldeas do contorno a fin de conseguir esmolas, tanto en diñeiro como en especies (patacas, millo, etc…).
Rosalía Piñeiro, veciña do lugar, recorda como se lle rezaba á santa a seguinte pregaria:

Santa Bárbara bendita
Que no ceo estás escrita
Garda pan e garda viño
E a xentiña do camiño

A continuación rezábase unha oración ao noso pai, un avemaría e un gloria patris. Os veciños
coidaban deste xeito pola conservación da colleita do millo e do centeo, así como das videiras
(garda pan e garda viño).


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.allariz.com/recursos/catalogo_patrimonio_1.pdf (P.94-95)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.19151151002428
Lonxitude: -7.7786877751350
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84