Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Brión
Parroquia: San Fins de Brión
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de San Fins probablemente ocupe o solar doutra que estaba en obras no ano 1334, para a que deixou unha esmola de douscentos soldos Rui Soga no seu testamento, según Carré Aldao no libro “Geografía General del reino de Galicia” Barcelona, s.a.,II, p,472. O edificio medieval, igual que moitos, foi substituído polo actual que se comezou a construír cara a 1731. Conta con planta de cruz latina, cunha única nave que está abovedada. A fachada é sinxela, destacando a porta con orelleiras, flanqueada por pilastras estriadas sobre a que está a imaxe de San Fins. Ao lado esquerdo ten unha maxestuosa torre de campás. E entre os retábulos sobresae o do presbiterio, datado sobre o 1735, do que foi autor Luis Parcero.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Brión: Historia Economía Cultura e Arte. Clodio González Pérez
ISBN 84-891129-09-06


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8717654402
Lonxitude: -8.68510007858
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84