
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Lamela (Santa María)
Lugar: Lamela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situado no pobo de Lamela pertencente a parroquia de Sta María de Lamela.
Este pazo foi construído entre os séculos XVI e XVII, sendo o seu estilo, barroco e renacentista. Adáptase á desigualdade que ten o terreo, de maneira que o número de plantas varía, tendo tres na fachada norte e na da torre e dúas nas restantes. As súas dúas fachadas teñen gran interese:
A primeira orientada cara ao norte é un gran lenzo que responde ao lado longo do rectángulo, liso e con tres andares.
Presenta buratos de aire alongados, o principal ten fiestra de balcón e no centro un balcón con voadura con repisa de pedra sustentada sobre asentos de dobre curva. As balaustradas son de ferro e os muros rematan cunha sinxela cornixa de “gola” na que se sustenta o aleiro.
No andar baixo está a porta principal e unha escaleira de pedra que serve de acceso á vivenda. O segundo andar leva un balcón apoiado en asentos, tamén de dobre curva como na fachada norte e con balaustrada de ferro.
A fachada oeste, que é a principal, está nun plano máis alto. Está constituída en parte polo lado menor do edificio, o resto está constituído pola torre que queda encaixada no mesmo. Os materiais empregados na construción da torre contrastan fortemente co resto do edificio.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concellopereiro.com/entrada.htm
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA002.pdf (P.8)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.33795153197533Lonxitude: -7.81403660774231
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84