
Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: San Xoán de Niñóns
Lugar: Niñóns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Interesante castro de fondo de val, ubicado nas proximidades da praia de Niñóns e da igrexa de San Xoán. Consta de unha croa principal, protexida por alomenos tres liñas de murallas que van definindo pequenos terrapléns e que se desenvolven, especialmente, cara o oeste. Alomenos dúas das tres liñas de murallas están compostas por murallas de pedra. Os cortes nas murallas de acceso á croa permiten ver a estrutura da muralla (que se pode apreciar na segunda imaxe), composta por unha interesante e nada habitual estrutura: mentres a metade exterior do parapeto está conformada por un paramento de pedra, a metade interior mantén a máis común composición de pedra e terra solta. Algúns tramos das murallas con paramento pétreo teñen unha altura de case dous metros nalgún tramo. Aprécianse restos de estruturas habitacionais.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Aínda que o castro tiña un estado de conservación envexable (malia estar próximo ás aldeas) e monumental, os traballos forestais fenderon nos últimos anos alomenos un par de tramos da muralla do acceso á croa, creando danos significativos e irreversibles ao monumento.
Onde está localizado
Latitude: 43.2932565327Lonxitude: -8.89901161194
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Capítulo 0 » A mensaxe das murallas do castro de Niñóns says:
Dec 16, 2012
[…] Ficha do castro de Niñóns en patrimoniogalego.net […]
magago says:
Set 3, 2013
O castro estase a recuperar cunha primeira campaña de limpeza. Aquí podedes ver o web oficial:
http://www.croasdeninhons.net
e o seu facebook:
https://www.facebook.com/croasdeninhons?fref=ts
elixiovieites says:
Set 22, 2013
O catálogo arqueolóxico do pxom do concello Ponteceso, ano 2002 http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTECESO/documents/0309CA008.pdf
O castro de Niñóns
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTECESO/documents/0309CA009.pdf (Pax 2 de 33)