Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Boiro
Parroquia: Bealo (San Pedro)
Lugar: Bealo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade do Bronce,
Descrición:

Os petróglifos do entorno da ermida de San Ramón de Bealo esténdense por unha paraxe rochosa e bastante plana que cingue o contorno do templo. No pxom de Boiro veñen marcados na zona 9 sitios con petróglifos que corresponden co mesmo código GA15011026. Un pouco máis abaixo desta zona tamén está o castriño de Bealo de código GA15011008, co petróglifo que representa unha serpe e que reforza a importancia arqueolóxica do sitio. Tras o resultados da intervención arqueolóxica realizada a prol da construción do parque forestal periurbano de San Ramón de Bealo levada a cabo polo Centro Arqueolóxico do Barbanza, a parte das zonas citadas, foi posible constatar a presenza de oito novos elementos do patrimonio arqueolóxico: tres paneis de arte rupestre, tres achados arqueolóxicos e dous túmulos funerarios. Destaca entre eles unha pedrafita, ou crómlech, con gravados a base de cazoletas de dimensións considerables, e pódense observar con claridade un total de 23 motivos tipo cazoleta, e pode que haxa máis enterrados pois está cravada no chan.
Aos que nos referimos aquí están cerca da fachada da ermida de San Ramón. A época a que pertence podería datarse na idade do bronce, como na maioría dos casos en que podemos ver multitude de cazoletas ou coviñas nas laxes, pero outros signos son de difícil interpretación, e atribuiríanse a outro momento da historia, como son os cruciformes, ferraduras e albabetiformes.
A zona foi un importante lugar de tránsito entre as zonas norte e Sur da península do Barbanza, desde o neolítico pasando pola idade dos metais ata a actualidade. Outro motivo que incrementa o interese de San Ramón de Bealo e os seus petróglifos, sería o de ser un claro exemplo da cristianización de antigos ritos que perduran hoxe en forma de multitudinaria romaría a onde se ofrecen as mulleres para ter un bo parto e se busca remedio para a infertilidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA007.PDF (elem.arq. nº 21)

Webs
http://www.fotonazos.es/2011/11/los-petroglifos-de-bealo/

http://www.boiro.org/boirodata/News/789/Files/Novos%20xacementos%20arqueoloxicos.pdf
http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_de_petr%C3%B3glifos_de_Galicia (fotos dos petróglifos de Bealo, ver Concello de Boiro)

Sobre a Romaría de San Ramón de Bealo
http://www.boiro.org/boirodata/Items/79/Files/Historia%20en%20Castellano.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7002689127
Lonxitude: -8.84571611881
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84