Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago de Compostela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O edificio está detrás da Igrexa de Santa María Salomé. Do antigo pazo renacentista dos Fonseca, obra de Gil de Hontañón, e despois de moitas reformas que alteraron o plantexamento orixinal, só queda o primeiro corpo formado por catro arcadas con cinco medallóns. A decoración céntrase nestes elementos situados entre os arcos que segundo Antonio Aguayo representan iconograficamente o escudo de armas da familia Fonseca composto por cinco estrelas. Representan de esquerda a dereita a Pierres o principe húngaro que dá orixe á casa Fonseca. O do medio representaría a alegoría da Virtude por medio da figura de Lucrecia, dama da época da monarquía romana muller de Colatino, violada e aldraxada por Sexto Tarquino, motivo polo cal se suicida. En Santiago non aparece coa arma homicida na man como no hospital de San Marcos de León. O outro é a do heroe grego Paris. Nos extremos tamén se conservan dous tritóns sostendo uns escudos nos que se pode ver o brasón dos Fonseca.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

García Iglesias Xosé M. “Fonseca: patrimonio e herdanza : arquitectura e iconografía dos edificios universitarios composteláns (séculos XVI-XX)” USC, ano 2000. (especialmente pax. 84 e 92 para os medallóns)
O libro en goolge books:
http://xurl.es/wwwee


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.87841672761725
Lonxitude: -8.543227314949036
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84