
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Oleiros
Parroquia: San Pedro de Nós
Lugar: Sarro
Outra denominación do ben: Castro de Iñás/Alto das Gobernas/Castro de Nós
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro de Sarro tamén coñecido por Castro de Iñás ou Monte do Castro sitúase no cume dun monte a uns 140 metros de altitude sobre o nivel do mar. O recinto fortificado ten unha planta elíptica case rectangular cunhas medidas de Leste-Oeste duns 160 metros por 80 de Norte-a Sur, abarcando unha superficie dunhas 1,165 Ha. As defensas están formadas por un talude na parte Norte combinado cun terraplén no exterior que vai dos catro a cinco metros de altura. Na zona Oeste combínase un foxo e un parapeto orixinando un desnivel que vai dos seis ata os oito metros de altura. Polo Sur deféndese pola caída natural do terreo ó igual que polo Leste. Por aquí era a súa entrada natural mais agora éntrase por un corte na súa defensa que non é a orixinal. Polo Norte da entrada, encima do talude do castro, hai unha edificación presuntamente relacionada co suministro de augas que semella estar en desuso. No interior do castro, os taludes cara ó interior son de suave pendente.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: 15058013
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Hai unha lenda non moi ben definida dunha moura que coidaba unha galiña que daba pitos de ouro. Un dia alguén a viu e chamou por ela e esta botou a correr desaparecendo pra sempre.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
COMENDADOR REY, B.; FERRER CRUZ, J.; VAZQUEZ COLLAZO, S: “Os castros do concello de Oleiros”, Anuario Brigantino 2007, nº 30.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf (páx.11).
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca514.pdf (páx.7).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3149055363Lonxitude: -8.32793712616
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
David says:
Xul 18, 2014
Lá estive onte e um pouco decepcionante que não esteja sinalizado mais que por um cartaz cutre feito a mão probávelmente por um vezinho, que indica o caminho que sobe até o castro. Uma vez acima não há absolutamente nada que indique a existência dum poboamento nada menos que da Idade de Ferro, e ademais está fechado, não podendo mais que arrodealo.
GENO says:
Xan 15, 2021
Pasei hai pouco por ali, o interior do castro esá pechado con pastor eléctrico e hai unhas cabras dentro, e asi ao lonxe pareceume ver un coche abandonado. Ao seu carón como se menciona hai un depósito municipal de auga, e xunto del, unha torre de telefonia móbil.