Outra fotografía:

Tipo de ben: Vila romana,
Concello: Mugardos
Parroquia: Franza
Lugar: Noville
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Estivo habitada entre os séculos III y IV d.C. Responde á tipoloxía de “villa a mare” por estar situada ó lado do mar. O que máis coñecemos dela é o seu edificio principal xa que nesta zona se centraron as excavacións realizadas en 1988, dirixidas por Fermín Pérez Losada. O edificio principal era a área residencial da villa, ten planta en U cun patio aberto cara o mar no centro e dúas naves laterais unidas polo que parece unha galería transversal. Na nave oeste apareceu un sistema de calefacción típicamente romano, “o hipocausto”, que consiste en varias salas nas que o calor é gradual segundo estén máis cerca da sala quente ou “praefurnium”.
Na nave este apareceu unha sala de grandes dimensións cun salón absidiado e restos do que puidera ser un mosaico. Sería a “zona noble”. En torno a ela existen outras dependencias como fornos, lugares para o gando e outros que todavía non se escavaron. No lugar atopáronse diversos materiais como útiles domésticos e incluso un elemento de orfebrería, un fragmento dunha cadea de ouro. Estos elementos consérvanse no Museo Arqueolóxico de San Antón, na Coruña.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÉREZ LOSADA F.: “Sobre la villa romana de Noville (Mugardos): síntese científica-divulgativa e valoración patrimonial” en Ferrolterra Galaico-Romana. 1997, Ferrol. p.85-136.
CARNEIRO J./GÓMEZ J./RODRÍGUEZ M./SANFIZ H.: O Seixo no pasado. Apuntes para a historia de Mugardos. Seminario de Estudios de Ferrolterra, 1998.
CARNEIRO REY J.A.: “Arqueoloxía e folclore: concellos de Ares e Mugardos” en Cátedra nº6, Pontedeume, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Dende a escavación de 1988 non se levou a cabo ningún tipo de actuación en Noville polo que presenta un estado bastante regular, sendo case imposible distinguir as dependencias que se atoparan durante a escavación. Levando a cabo un adecuado proxecto de actuación patrimonial, a villa romana de Noville podería chegar a convertirse nun dos maiores atractivos turísticos tanto de Mugardos como de Ferrolterrra, tendo en conta o seu valor cutural e paisaxístico.


Onde está localizado

Latitude: 43.4560342088
Lonxitude: -8.22603464127
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84