Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oleiros
Parroquia: San Pedro de Nós (San Pedro)
Lugar: San Pedro de Nós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

A freguesía de San Pedro de Nós foi feudo dos Templarios ata que a devandita Orde foi extinguida no ano 1312. A primitiva igrexa románica foi demolida por completo en 1897, aproveitándose a pedra da mesma para a construcción da nova igrexa. De novo, no ano 1934, sufriu un desafortunado incendio provocado por encolerizados seguidores republicanos, ocasionando a destrucción da igrexa reconstruíndoa de novo. A igrexa é de tipo ecléctico. Consta de planta dunha soa nave dividida en cinco tramos, rematada cunha ábsida rectangular. No interior destaca, como elemento ornamental e iconográfico, un retablo que posiblemente pertenceu á igrexa de Santo Domingo de Bonaval. Na súa fachada ábrese a porta de grandes dimensións. Enriba desta, destaca unha doble xanela de arcos de medio punto. O campanario tamén destacable, componse de tres partes; o primeiro onde leva os ocos para as campás, dous ocos en arco de medio punto. Na segunda parte despois da cornixa, hai un frontón oco triangular curvado e remata coa derradeira parte nun pequeno frontón semicircular rematado por un pináculo coroandoa unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf (páx.6).
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OLEIROS/documents/26746ca502.pdf (páx.8).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3166423999
Lonxitude: -8.34159493446
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84