Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Ribadetea (San Xurxo)
Lugar: Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Este cruceiro constitúe unha das mellores manifestacións artístico-etnográficas da comarca. Acubillado por un baldaquino metálico moderno, consta dunha plataforma composta por varias bancadas de sillería, sobre elas o pedestal dun solo corpo e forma cuadrangular no cal podemos observar a seguinte inscrición: “SE HIZO SIENDO ABAD/DON GREGORIO GONZÁLEZ Y PIÑEIRO/EL MAESTRO MANUEL GONZÁLEZ/AÑO DE 1865”. O fuste ofrece diversas representacións figurativas: unha representación simbólica do pecado orixinal, coas figuras de Adán, Eva e a serpe; e sobre eles, dúas figuras apostólicas sustentadas por peanas, tal vez obra do século XVI. O capitel denota a fonte de inspiración do canteiro nos motivos clásicos, no capitel corintio decorado a base de follas de acanto e figuras decorativas a xeito de querubines alados. A parte máis sobresaínte do cruceiro é a cruz, en cuyo anverso atópase a figura de Cristo crucificado. O reverso da cruz áchase reservado a María, acompañada de dúas figuras anxelicais policromadas.
Segundo se recolle no lugar, o baldaquino é unha obra de principios do século XX realizada nos talleres metalúrxicos “Sanjurjo” de Vigo. Foi costeado pola colonia de emigrantes portugueses.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/ponteareas/cruceiroribadetea.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA016.pdf (Páxina 5)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3604201.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008
VV.AA. (2010). CRUCEIROS BAIXO BALDAQUINOS DOS VALES DA LOURIÑA E DO TEA. Actas do IIº Congreso galego sobre “Cruceiros e cruces de pedra”. Editor: E F. de la Cigoña.
VV.AA (2013). CURIOSIDADES DE ALGÚNS CRUCEIROS DE PONTEAREAS. Actas do IV Congreso galego de Cruceiros. Ed: Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.194836108Lonxitude: -8.51903110743
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84